Asociación Pensando en ti

Qué facemos

Actividades solidarias

A Asociación Pensando en ti creouse co obxectivo de axudar aos máis necesitados da nosa sociedade, pero xa dende xa antes da súa creación vén realizando proxectos deste tipo.

Xa o ano anterior á súa creación realizouse unha inmensa campaña de axuda a Cuba, que consistiu en levar toneladas de alimentos e medicamentos á illa, onde se repartiron entre os centros sociais máis necesitados.

Durante o primeiro ano realizáronse importantes campañas a prol da solidariedade. Despois do Luar da solidariedade cos emigrantes galegos en América, no que a Asociación participou facendo un donativo económico, organizouse unha campaña de axuda ao caso de Germán Huber, un rapaz galego enfermo de leucemia que viaxou a Estados Unidos para tentar curar a súa enfermidade; e deuse todo o apoio que se puido á Lorenzo Dárias, un neno cubano que precisaba vir a Galicia para ser operado da vista.

En Reis fíxose unha campaña de recollida e distribución de xoguetes nos centros de acollida de Galicia. En Nadal, a Campaña de Recollida e distribución en asilos, albergues e cociñas económicas de Galicia de alimentos non perecedoiros e típicos de nadal, que seguimos realizando ano tras ano, con máis ilusión se cabe.

Na actualidade, un dos grandes proxectos nos que se está a colaborar é o programa de Antena 3 Tres Deseos, que ten como fin cumprir os desexos dos habitantes do pobo a onde van. Achegaranse a Noia en marzo, onde farán unha gala o día 8 para recadar fondos para a asociación STAND, de axuda a nenos enfermos. A Asociación fixo unha aportación de 2.000 euros, ademais de colaborar na recollida de donativos.

Actividades lúdicas

Ademais das actividades solidarias, a Asociación non se esquece do seu outro fin, a unión dos oíntes do programa.

Para acadar este fin realizáronse diversas viaxes ao longo da vida da asociación, dende Tenerife ata cruceiros.

Ademáis das viaxes, realízase cada ano unha cea de Nadal, na que xuntamos ao redor dos 1.000 oíntes, pero onde realmente nos vemos todos é en Cerceda, onde ano tras ano batemos o récord de oíntes. No último ano pasamos dos 20.000, este ano agardamos chegar aos 30.000 grazas á vosa inestimable colaboración.

Colaboradores
Capa Travel Viaxes Concello de Cerceda Restaurante O Parque Proteccion Civil Cerceda