Asociación Pensando en ti

Disolución da Asociación

Logo de todos estes anos xuntos, de tantos momentos cheos de ledicia chegou o momento de despedirse da asociación, que non dos amigos.

Logo da marcha de Marcial Mouzo do programa Pensando en ti, e á vista de que a Radio Galega non está pola laboura de colaboración con esta Asociación a asemblea xeral decidiu proceder á súa disolución.

Os fondos que quedan na asociación será destinados, como está estipulado nos estatutos, a entidades benéficas. As entidades ás que se decidiu repartir os fondos foron as mesmas que na campaña de nadal deste ano, que habitualmente foron das beneficiadas en todas as campañas de nadal que se viñeron facendo.

As entidades son as seguintes:

  • Cotolengo de Santiago.
  • Cociña Económica de Santiago.
  • Hermanitas de los Anciados Desamparados de Santiago.
  • Cociña Económica de A Coruñ,a
  • Fogar O Refugio de A Coruña.
  • Cociña Económica de Ferrol.
  • Albergue do Hospital Xeral de Ferrol.
  • Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Vigo.
  • Hogar San José de la Esperanza de Vigo.
  • Cociña Económica de Vigo.
  • Cociña Económica de Pontevedra.

Ademáis de estas entidades o 5% dos fondos da asociación serán destinados a Cruz Roja Internacional, para axudar na catástrofe de Haití.

En breve serán publicadas nesta web as cantidades que lle corresponderon as entidades.

Colaboradores
Capa Travel Viaxes Concello de Cerceda Restaurante O Parque Proteccion Civil Cerceda