|
||||||
|
Aviso legalCondicións xerais de uso do sitio web da Asociación Pensando en tiAsociación Pensando en ti (a seguir o propietario) con domicilio a efectos de notificacións en Batalla de Clavijo 13 e con NIF G15854052 pon a disposición no seu sitio web asociacionpensandoenti.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de O PROPIETARIO por parte dos USUARIOS que acedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle a O USUARIO no sitio web en todas e cada unha das páxinas, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de Internet e estea plenamente informado. O acceso ao sitio web de O PROPIETARIO implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que O USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que nel se ofrecen para realizar actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais. PRIMEIRA.- O sitio web de O PROPIETARIO foi realizado coa fin de pór a disposición de terceiros información sobre as súas actividades e poder contactar con el para solicitar información adicional. Todo o sitio web ten carácter gratuíto. Os servizos e produtos aos que se poida acceder a través do sitio web rexeranse no seu caso polas condicións xerais e particulares que o seu responsable estableza, pois estes servizos son ofrecidos por terceiros alleos a O PROPIETARIO. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO 2.1.- A utilización do sitio web de O PROPIETARIO non conleva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose O USUARIO a realizar un bo uso da web. Están prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente O PROPIETARIO prohíbe os seguintes: 2.1.1.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spamming") ou o envío de grandes mensaxes coa fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing"). 2.1.2.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través del e por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de O PROPIETARIO ou a terceiros. 2.2.- O PROPIETARIO poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais (ver cláusula quinta). TERCEIRA.- CONTIDOS. Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluidos por: 3.1.- O PROPIETARIO, utilizando fontes internas e externas de tal modo que O PROPIETARIO só se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna. 3.2.- Os USUARIOS, a través de colaboracións ou pola introdución voluntaria de contidos, tanto gráficos como escritos, directa ou indirectamente a través de ligazóns sendo estes os seus únicos responsables e estando expresamente exento O PROPIETARIO de toda responsabilidade. O USUARIO que introduza calquera contido no sitio web do PROPIETARIO manifiesta a absoluta legalidade e autoría dos mesmos e expresamente asume todo tipo de responsabilidade que se poida derivar destes contidos. O USUARIO tamén se fai responsable das opinións introducidas no chat e nos foros postos á súa disposición no sitio web. O PROPIETARIO non será responsable en ningún caso das opinións verquidas nos referidos foros e poderá retirar ou impedir o acceso aos USUARIOS que vulnerasen a legalidade vixente así como pór en coñecemento de Xulgados e Tribunais os feitos que sexan constitutivos dalgún tipo de ilícito penal ou civil. 3.3.- O PROPIETARIO resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. O PROPIETARIO non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento das ligazóns a sitios web de terceiros que figuren en asociacionpensandoenti.com Ademais, a través do sitio web de O PROPIETARIO, póñense a disposición do usuario servizos gratuítos e de pagamento ofrecidos por terceiros alleos e que se rexerán polas condicións particulares de cada un deles. O PROPIETARIO non garante a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e está expresamente exento de todo tipo de responsabilidade polos danos e perxuizos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos CUARTA.- RESPONSABILIDADE 4.1.- O PROPIETARIO non será responsable en ningún caso de: 4.1.1.- Os erros e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos. 4.1.2.- Da produción de calquera tipo de dano que os USUARIOS ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web. 4.1.3.- Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de ligazóns ou links. 4.2.- O PROPIETARIO resérvase o dereito a suspender o acceso sen aviso previo de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal até asegurar a efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse. Ademais, O PROPIETARIO colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento certo de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita. QUINTA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA. O sitio web de O PROPIETARIO (os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web) está plenamente protexido polos dereitos de autor, estando expresamente prohibida toda reproducción, comunicación, distribución e transformación dos elementos referidos protexidos salvo consentemento expreso de O PROPIETARIO. Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polos usuarios a través dos medios que se poñen á súa disposición no sitio web son propiedade do usuario que afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reproducción e de distribución ao PROPIETARIO. SEXTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICÁBEL. As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derivar das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle. SÉPTIMA. No caso de que calquera cláusula do presente documento fose declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O PROPIETARIO poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidas neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de O PROPIETARIO. |
Arquivo de Noticias
|
||||
|
||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |